top of page

ECOGRAFÍA:

SONOANATOMÍA NIVEL BÁSICO

ECOGRAFÍA: SONOANATOMÍA NIVEL BÁSICO

Data: nova data pendente de confirmación

Lugar de celebración: Hospital Universitario Lucus Augusti (Lugo) - Salón de Actos

Impartido por:  Javier Teijeiro López. PT, MSc, PhD candidate. Experto Universitario en ecografía musculoesquelética. Máster en ecografía musculoesquelética e diagnóstico por imaxe. Delegado para Galicia da SEEFi.

Dirixido a fisioterapeutas e médicos de AP.

Taller de introdución á ecografía gratuito o 25 de Xaneiro de 2020

    * Necesario formalizar inscrición en secretaria@sogafi.es antes do 23 de Xaneiro

Esta actividad formativa ten solicitada acreditación pola Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presentación

     Na actualidade a ecografía  musculoesquelética é unha ferramenta en auxe no sector da fisioterapia e outras disciplinas sanitarias. Son múltiples as súas vantaxes e beneficios na práctica clínica contando, cada vez máis, con evidencia científica de alta calidade. 

           A ecografía é unha técnica de exploración por imaxe que emprega ondas sonoras, por tanto é inocua, non invasiva, non emite radiacións ionizantes e ademais non ten contraindicacións nin efectos secundarios coñecidos.

     Considérase moi versátil porque permite estudos dinámicos e comparativos, permitindo no aparello locomotor unha visualización dos músculos en relaxación e en contracción, a diferentes graos de estiramento ou acortamento. Coa experiencia do profesional convértese nunha técnica rápida, eficaz e con información en tempo real.


     Entre os seus principais beneficios destaca a súa gran axuda na valoración e/ou diagnóstico e o seu posterior tratamento. É unha ferramenta moi útil como apoio na valoración morfo-funcional dentro da exploración á vez que favorece á hora de obxectivar o seguimento dos tratamentos e para validación das diferentes técnicas terapéuticas e desenvolvemento de estudos de investigación clínica.


     Outra das súas vantaxes en expansión e máis destacables está relacionada coa existencia das novas técnicas invasivas, a ecografía permítenos a visualización da agulla e con iso ser máis precisos, seguros e efectivos á hora da práctica clínica mellorando notablemente os resultados.

Presentación
Objetivos
Obxectivos:

Introducir ao asistente ao uso de ecógrafos: Recoñecer as partes do equipo. Saber axustar os presets básicos autónomamente.


Aprender a manexar unha sonda: Recoñecer as partes da sonda e as posibilidades da mesma. Colocar a sonda no paciente en distintas rexións anatómicas. Facer unha aproximación anatómica en calquera rexión.

Cronograma
Cronograma

Venres 21 de febreiro (15:30 a 20:30)
       1. INTRODUCIÓN.
                  a. Autoavaliación.
                  b. Obxectivos.
                  c. Manexo do Ecógrafo.
                  d. Viabilidade do Ecógrafo en Fisioterapia e Medicina Familiar e comunitaria.
       2. BASES FÍSICAS DA ECOGRAFÍA.
                  PRÁCTICA (1): Eixo corto, eixo largo, textura dos diferentes tecidos.
                  PRÁCTICA (2): Optimización de imaxe e identificación de artefactos.
       3. ECO-ANATOMÍA DO MMSS
                  a. Eco-anatomía do M.M.S.S.
                              i. OMBREIRO


Sábado 22 de febreiro (9:00 a 14:00 y de 15:30 a 20:30)
       3. ECO-ANATOMÍA DO MMSS
                   a. Eco-anatomía do M.M.S.S.
                              ii. CÓBADO
                              iii. CARPO
      4. ECO-ANATOMÍA DO MMII.
                   a. Eco-anatomía do M.M.I.I.
                              i. CADEIRA


Domingo 23 de febreiro (9:00 a 14:00)
       4. ECO-ANATOMÍA DO MMII.
                   a. Eco-anatomía do M.M.I.I.
                              ii. XEONLLO
                              iii. NOCELLO
       5. INTRODUCIÓN SNP.


EXAME FINAL: Kahoot

Inscrición

Cuota para socios SOGAFI:  120 €

Cuota  para no socios:   200 € antes do 15 de xaneiro de 2020

                                           250 € despois do 15 de xaneiro de 2020 


Para formalizar inscrición enviar xustificante bancario de ingreso, nome, apelidos, DNI e titulación profesional a secretaria@sogafi.es


Nº conta SOGAFI: CAIXABANK ES39 2100 4330 6802 0019 5817


Prazo límite: 15 de Febreiro de 2020

Inscripción
bottom of page