ECOGRAFÍA:
SONOANATOMÍA NIVEL BÁSICO
ECOGRAFÍA: SONOANATOMÍA NIVEL BÁSICO
Data: Aprazado temporalmente ata que as autoridades sanitarias determinen o restablecemento da normalidade.
Lugar de celebración: Hospital Marítimo de Oza (A Coruña)
Impartido por: Javier Teijeiro López. PT, MSc, PhD candidate. Experto Universitario en ecografía musculoesquelética. Máster en ecografía musculoesquelética e diagnóstico por imaxe. Delegado para Galicia da SEEFi.
Dirixido a fisioterapeutas e médicos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria.
Esta actividade formativa ten solicitada acreditación pola Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Presentación
Na actualidade a ecografía musculoesquelética é unha ferramenta en auxe no sector da fisioterapia e outras disciplinas sanitarias. Son múltiples as súas vantaxes e beneficios na práctica clínica contando, cada vez máis, con evidencia científica de alta calidade.
A ecografía é unha técnica de exploración por imaxe que emprega ondas sonoras, por tanto é inocua, non invasiva, non emite radiacións ionizantes e ademais non ten contraindicacións nin efectos secundarios coñecidos.
Considérase moi versátil porque permite estudos dinámicos e comparativos, permitindo no aparello locomotor unha visualización dos músculos en relaxación e en contracción, a diferentes graos de estiramento ou acortamento. Coa experiencia do profesional convértese nunha técnica rápida, eficaz e con información en tempo real.
Entre os seus principais beneficios destaca a súa gran axuda na valoración e/ou diagnóstico e o seu posterior tratamento. É unha ferramenta moi útil como apoio na valoración morfo-funcional dentro da exploración á vez que favorece á hora de obxectivar o seguimento dos tratamentos e para validación das diferentes técnicas terapéuticas e desenvolvemento de estudos de investigación clínica.
Outra das súas vantaxes en expansión e máis destacables está relacionada coa existencia das novas técnicas invasivas, a ecografía permítenos a visualización da agulla e con iso ser máis precisos, seguros e efectivos á hora da práctica clínica mellorando notablemente os resultados.
Obxectivos:
Introducir ao asistente ao uso de ecógrafos: Recoñecer as partes do equipo. Saber axustar os presets básicos autónomamente.
Aprender a manexar unha sonda: Recoñecer as partes da sonda e as posibilidades da mesma. Colocar a sonda no paciente en distintas rexións anatómicas. Facer unha aproximación anatómica en calquera rexión.