FISIOCRITIC

O subgrupo FisioCRITIC: Fisioterapia en Unidades de Críticos nace para aglutinar a experiencia e coñecemento dos profesionais que se dedican ao traballo co paciente crítico nos ámbitos asistencial, docente e de xestión.
A pandemia ocasionada polo SARS- CoV-2 puxo no foco mediático o labor que os fisioterapeutas galegos levan desenvolvendo durante anos, e se pretende coa creación deste grupo aproveitar este altofalante para xerar evidencia dos beneficios deste traballo, así como establecer pontes con outras sociedades científicas que teñen relación cos pacientes críticos.
Entre os obxectivos deste subgrupo están o xerar coñecemento sobre temas referentes ao paciente crítico e colaborar con outras Sociedades Científicas que desenvolvan o seu labor científico en torno ao paciente crítico, así como asesorar e participar nas actividades de SOGAFI relacionadas con esta área de coñecemento.
Documentos relacionados
-
Valor de la fisioterapia en las Unidades de Críticos en la Comunidad Autónoma de Galicia (SERGAS)
-
Subgrupo Fisiocritic: Fisioterapia en Unidades de Críticos