DOR CRÓNICA:
NOVO ENFOQUE FISIOTERÁPICO BASEADO EN NEUROCIENCIA
DOR CRÓNICA: NOVO ENFOQUE FISIOTERÁPICO BASEADO EN NEUROCIENCIA
Datas: 5-6 de febreiro e 26-27 de febreiro de 2021
Lugar: Hospital Clínico Universitario de Santiago
Docentes:
Miguel Ángel Galán Martín. Graduado en Fisioterapia pola Universidade de Salamanca, estudante de Doutoramento no Programa de Doutorado de Investigación en Ciencias da Saúde na Universidade de Valladolid, Máster Oficial de Investigación en Atención Primaria pola Universidade Miguel Hernández. Fisioterapeuta da Unidade de Estratexias de afrontamento activo da dor de Atención Primaria de Castilla e León (SACYL). Profesor e Coordinador do Máster en Fisioterapia Manual da Universidade de Valladolid. Investigador principal de varios proxectos relacionados con neurociencia, exercicio e dor. Vogal da Sociedade Española de Fisioterapia e Dor (SEFID). Membro do Comité Autonómico da dor en Castela e León.
Federico Montero Cuadrado. Graduado en Fisioterapia pola Universidade de Salamanca, Doutor pola Universidade de Salamanca. Máster oficial en tratamento de soporte e coidados paliativos en soporte oncolóxico pola Universidade de Salamanca, Profesor e Coordinador do Máster en Fisioterapia Manual da Universidade de Valladolid. Fisioterapeuta da Unidade de Estratexias de afrontamento activo da dor de Atención Primaria de Castilla e León (SACYL). Investigador principal de varios proxectos relacionados coa Neurociencia, a discapacidade e a calidade de vida. Vogal da Sociedade Española de Fisioterapia e Dor (SEFID).
Esta actividade formativa ten solicitada acreditación da Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia para fisioterapeutas e médicos especializados en atención primaria.
Presentación
A dor crónica afecta ao 20% da poboación en países desenvolvidos1, sendo esta porcentaxe maior en España2. A dor músculo- esquelética crónica é un dos principais motivos de consulta en Atención Primaria e o principal motivo de consulta en fisioterapia de Atención Primaria. Os tratamentos que se utilizaron para o tratamento da dor crónica non lograron aliviar e mesmo nos últimos anos aumentou a prevalencia de dor crónica na poboación, co consecuente aumento do gasto farmacéutico3. Isto fai necesario plantexarse novas abordaxes de tratamento que están a conseguir unha diminución da prevalencia de dor naqueles sistemas sanitarios onde se implantaron. Os avances en neurociencias e os últimos descubrimentos en neurofisioloxía da dor4 permítennos deseñar novas abordaxes de tratamento.
1. Breivic H, Collett B et col . Survey of chronic pain in Europe: prevalence, impact on daily life an treatment. Eur J Pain. 2006 May;10(4):287-333. Epub 2005 Aug 10.
2. Langley PC, Ruiz-Iban MA, Molina JT, De Andres J, Castellon JR. The prevalence, correlates and treatment of pain in Spain. J Med Econ 2011;14(3):367-80
3. Gaskin D.J., Richard P. The Economic Costs of Pain in the United States. The Journal of Pain, Vol 13, No 8 (August), 2012: 715-724
4. Wolf CJ. Central Sensitization: implications for the diagnosis and treatment of pain. Pain 2011 Mar;152(3 Suppl):S2-15. doi: 10.1016/j.pain.2010.09.030. Epub 2010 Oct 18.
Obxectivos:
Obxectivo principal: Adquirir competencias para aplicar novas estratexias de tratamento para pacientes con dor crónica baseados nos últimos avances da neurociencia e a fisioterapia.
Obxectivos específicos:
-
Coñecer os diferentes mecanismos de dor implicados na experiencia dolorosa.
-
Desmitificar os tabús que hai referentes á dor.
-
Coñecer os beneficios e os efectos adversos dos tratamentos actuais.
-
Coñecer a nova fisioloxía da dor crónica: dor nociplástico, sensibilización periférica e central, modulacións, teoría neuromatriz, efectos sobre sistema inmune e vexetativo, neuroxénesis e plasticidade cerebral, copia eferente, neuronas espello.
-
Adquirir competencias para traballar con pacientes con dor crónica a través de actividades de educación para a saúde e doutras ferramentas que teñen demostrado a súa eficacia para este tipo de enfermos noutros sistemas de saúde
Cronograma
Venres 5 de febreiro (16.00 a 21.00)
PRETEST
1. BLOQUE 1
· Introdución
· Actualización de fisioloxía y neurobioloxía da dor
· Clasificación e mecanismos da dor
Sábado 6 de febreiro (9.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00)
2. BLOQUE 2
· Evaluación e exploración do paciente con dor
· Razoamento Clínico e dor crónica
3. BLOQUE 3
· Tratamento da dor crónica baseado en neurociencias
· Cambios estruturais no cerebro. Traballo de plasticidade cerebral y neuroxénesis.
· Traballo práctico: activación de neuroxénesis, neuroplasticidade e sistemas inhibitorios.
Venres 26 de febreiro (16.00 a 21.00)
4. BLOQUE 4
· Educación en neurociencia da dor:
· Introdución
· Práctica
· Efecto placebo e nocebo
Sábado 27 de febreiro (9.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00)
5. BLOQUE 5
· Actividade e exercicio físico en pacientes con dor.
· Programas de exercicio físico y dor crónica. Práctica
6. BLOQUE 6
· Imaxinería motora graduada.
· Dor e sistema inmune. Protectómetro.
· Técnicas de relaxación e consciencia corporal.
· Práctica de técnicas de relaxación e consciencia corporal
POSTEST